spacer
Centos de veciños e veciñas participan na Gran Festa de Reis do Concello de Lousame

Centos de persoas participaron este venres na Festa de Reis do Concello de Lousame, que tivo lugar no polideportivo municipal de Ponte Carreira. As choivas que caeron durante toda a xornada impediron a realización da cabalgata polas rúas de Ponte Carreira. E iso que as Súas Maxestades mesmo fixeron un intento de celebrar a cabalgata, pero cando esta deu comezo, a choiva aumentou a súa forza e impediu a súa celebración, máis aló de repartir unhas lambonadas entre a media ducia de nenos e nenas que agardaban por eles nas rúas de Ponte Carreira.

E é que a gran maioría das familias que tomaron parte na festa xa se achegaron directamente ao polideportivo, en cuxo exterior foron recibidos por Melchor, Gaspar e Baltasar, que repartiron os caramelos que tiñan previsto entregar durante a cabalgata, e mesmo desfrutaron dun sempre divertido canón de neve. A iso das 17:30 horas, o alcalde Roberto Rey recibiu oficialmente ás Súas Maxestades, que ocuparon os seus tronos para recibiren a todos os nenos e nenas de Frades. Todos eles levaron unhas lambonadas de agasallo así como un iogur líquido cortesía da Casa Grande de Xanceda.

Unha recepción que abriu a gran festa de Reis no polideportivo, con tres inchables, obradoiros, música, mascotas... acompañadas por chocolate con roscón para todas as persoas presentes.

Centos de veciños e veciñas participan na Gran Festa de Reis do Concello de Lousame