Subvencións para a adquisición e instalacións de receptores da Televisión Dixital Terrestre a través da solución satelital SAT-TDT
¿Quen pode pedir a axuda?
Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas que residan nunha vivenda unifamiliar establecida en zona que non dispoña de cobertura dalgunha canle do servizo de televisión dixital terrestre. Ditas vivendas son denominadas T-fogar. Unicamente poderá solicitar unha subvención por cada T-fogar.
¿Para que é a axuda?
As axudas están destinadas a adquisición de equipamento para o acceso ao servizo de Sat-TDT, o receptor de TDT por satélite en alta definición. Solo é posible a instalación en zonas de sombra da rede de difusión terrestre, o que se denomina zonas de risco de exclusión dixital. Pódese solicitar axuda para a primeira vivenda, onde se ten censada a residencia habitual, admitindo unha única solicitude por vivenda, cunha contía máxima de 400€ IVE incluído. Tamén se poderá solicitar a axuda para as segundas vivendas, sendo neste caso a contía máxima da axuda de 200€, IVE incluído. Unicamente poderá solicitar unha subvención, para a primeira vivenda ou para a segunda vivenda.
¿Como podo solicitar a axuda?
A tramitación das solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, seleccionando o procedemento PR853B. Xunto coa solicitude deberá achegarse a xustificación de que a vivenda está en zona de sombra da TDT, mediante o informe dun T-instalador. A través da páxina web da Secretaría Xeral de Medios, https://medios.xunta.gal, no apartado de axudas, poderá atopar a información relativa a este procedemento.
Os equipos receptores de Sat-TDT son comercializados polas empresas instaladoras habilitadas especificamente para a este tipo de servizo, denominadas T-instalador. Os solicitantes deberán requirirlles as empresas instaladoras o orzamento cos prezos da
instalación do receptor, así como a xustificación de que a súa vivenda atópase en zona de sombra da TDT.
No enderezo http://www.sattdt.es/ConsultaInstaladores.aspx pode atopar o listado actualizado de todas as empresas rexistradas que comercializan ditos equipos.
¿Podo solicitar a axuda se xa teño comprado o receptor?
Tamén poden solicitar a axuda quen teñan feito o gasto de adquisición do receptor con anterioridade ó 15 de febreiro. Admitiranse as solicitudes daquelas adquisicións realizadas dende o 1 de xaneiro de 2024. Coa solicitude poden presentar a factura xustificativa da instalación do receptor, xunto co número de serie do equipo adquirido.
¿Como se cobra a axuda?
As solicitudes serán atendidas por orde de entrada. O pagamento da axuda farase, unha vez comprobados os requisitos e aprobada a solicitude da axuda, previa xustificación da factura da instalación do equipamento.
Este ano o prazo para a solicitude destas axudas remata o 31 de maio de 2024.
¿Onde se pode obter máis información?
Para obter máis información, pódense consultar a páxina web oficial de Secretaría, https://medios.xunta.es, no epígrafe “Axudas” ou a través dos seguintes contactos: o Teléfonos:
981 54 58 74 (cuestións administrativas)
981 54 45 23 (cuestións técnicas)
o Enderezo electrónico: xestion.sxm@xunta.es