Selección de 3 persoas traballadoras desempregadas mediante o Programa de Integración Laboral da Deputación Provincial da Coruña
O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de 3 peóns/peoas forestais ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia, incluído na liña 1.1 do PEL, anualidade 2024 (BOP nº 206 de 27 de outubro de 2023).
A contratación destas tres persoas realizarase por un período de 5 meses, cunha xornada laboral completa de 8 horas diarias. As persoas interesadas nalgún destes postos de traballo deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.