spacer
Presentación da Renda desde o Concello de Frades

Dende hoxe os maiores de 65 anos poden solicitar a presentación da Renda dende o Concello de Frades.

Para axudar as persoas maiores de 65 anos neste trámite da Renda 2023, ponse a disposición dos veciños do concello, os seguintes números telefónicos para poder pedir unha cita e que un funcionario da Axencia Tributaria confeccione de forma online (por video asistencia) a túa declaración.

915 530 071 / 901 223 344 Teléfonos perativos de luns a venres de 9 a 19horas.

Este servizo tamén se pode solicitar de forma online na sede electrónica AEAT:  https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/Renta.html

As citas daránse a partir do 7 de maio.