Frades celebra un pleno ordinario este xoves 30 de maio
O Concello de Frades celebrará mañá xoves 30 de maio, ás 12:30 horas, a sesión ordinaria do mes de maio que se desenvolverá de acordo coa seguinte Orde do Día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 4/4/2024 e da sesión extraordinaria de 15/5/2024
- Delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local
- Ordenanza de axudas municipais de Emerxencia Social do Concello de Frades.
- Decretos da Alcaldía e comunicacións
- Dación de conta de asuntos económicos
- Mocións de urxencia
- Rogos e preguntas