O Concello de Frades informa á veciñanza das normas e permisos necesarios para a realización de cacharelas nas noites de San Xoán e San Pedro. Unhas cacharelas cuxa celebración terá que ser comunicada previamente ao Concello (981 69 55 67) antes do venres anterior a cada festa.

Ademais, todas aquelas que se realicen prazas, parques e áreas recreativas deberán contar coa previa autorización municipal. Así mesmo, no caso de que a cacharela se emprace sobre unha beirarrúa ou vía pública deberá protexerse o pavimento cunha capa de area.  

Unha vez conseguida a autorización da cacharela, os organizadores deberán ter en conta varias normas de seguridade:

  • As cacharelas deberán observar as normas básicas de seguridade tanto no que se refire ao seu volume como á súa separación de edificios, árbores e tendidos eléctricos ou telefónicos.
  • Non se poderá queimar plásticos, PVC, caucho, rodas ou materiais que poidan estalar, como os sprais.
  • Tamén será preciso que a organización dispoña de material de extinción (extintores, mangueiras...).
  • Ao rematar a festa deberá comprobarse que as cinzas da cacharela queden totalmente apagadas, procedendo á retirada dos restos na maior brevidade posible.

No caso de facer caso omiso a estas normas básicas, as persoas organizadoras serán as responsables dos danos que se puideran producir nos bens públicos e deberán abonar os gastos de reconstrución e reparación que sexan precisos. En caso de emerxencia, chamar ao 112.

O Concello de Frades informa sobre os permisos e as normas para as cacharelas de San Xoán e San Pedro