spacer
A Xunta abre as inscricións no programa Benestar en Balnearios 2024

O Concello de Frades informa da apertura do prazo de inscrición para poder participar no programa "Benestar en Balnearios", que organiza a Xunta de Galicia. Dirixido a persoas maiores de 60 anos (ou maior de 55 en condición de pensionista) e acompañante, este programa inclúe estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia en varias quendas (entre os meses de xullo e decembro de 2024).

O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de xullo e as solicitudes deberán presentarse preferentemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Os impresos de solicitude poden descargarse da web da Consellería de Política Social e Igualdade. Establécese unha tarifa fixa por estadía completa, que varía en función do establecemento termal escollido. A Xunta financia ata o 45% do custo total. Máis información.

Ante calquera dúbida, podes acudir aos Servizos Sociais do Concello de Frades, onde tamén se poden xestionar as solicitudes: 981 695 567.