spacer
O Concello de Frades achega 500 euros a cada unha das doce comisións de festexos do municipio para organizar as festas patronais

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de asinar os convenios de colaboración con doce asociacións de veciños e comisións de festas polos que o Concello achegará 500 euros a cada entidade para a organización das distintas festas patronais. É dicir, 6.000 euros que poderán ser empregados para aluguer de carpa, gastos de electricidade, actuacións musicais ou pirotecnia, por exemplo. A maiores, o Concello colabora tamén realizando tarefas de limpeza e roza nos campos da festa e nas súas contornas nos días previos ás festividades, que se unen á programación anual de limpeza e roza en todas as parroquias.