spacer
Programa de turismo do IMSERSO

O Concello de Frades informa a todas as persoas pensionistas no municipio de que o IMSERSO vén de abrir o prazo para solicitar praza para viaxar na temporada 2024-2025 para aquelas persoas que non participaran neste programa o ano pasado.

Poderán viaxar á zona costeira peninsular, zona costeira insular ou facer turismo de interior coas seguintes actividades: circuítos culturais, turismo de natureza, viaxes a capitais de provincia e ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla...

As quendas, que poderán ter unha duración de entre 4 días (3 pernoitas) e 10 días (9 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, excepto nas viaxes a capitais de provincia (cuxo réxime será de media pensión).

A documentación necesaria será:

  • DNI
  • Xustificante da pensión
  • Correo electrónico de contacto

As solicitudes presentaranse nos Servizos Sociais do Concello de Frades ata o día 22 de xullo.

Para máis información, dirixirse á Oficina de Servizos Sociais ou chamar ao teléfono 981 695 567.