Pleno ordinario de xullo de 2024
O salón de plenos da casa consistorial de Frades acollerá este xoves 18 de xullo, ás 12:30 horas, a sesión ordinaria do Pleno municipal correspondente ao mes de xullo. Unha sesión que se desenvolverá de acordo coa seguinte Orde do Día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria de data 30-05-2024.
- Recurso de reposición: Conservación, Protección e Defensa do Patrimonio.
- Recuperación en vía administrativa de bens das Entidades Locais. Expediente 2023/X999/000075.
- Aprobación modificación BEO. Base 43º achegas nominativas 2024. Expediente 2024/T002/000002.
- Aprobación da solicitude da segunda fase do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 2/2024”. Expediente 2024/A008/000019
- Decretos da Alcaldía e comunicacións.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas