Un total de 47 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades
Un total de 47 persoas, 36 nenos e nenas e 11 persoas adultas, participaron nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar nas instalacións da piscina municipal de Frades nos meses de xullo e agosto. O alcalde de Frades, Roberto Rey, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos Bra; e Piscina Municipal, Jesús Francos Sánchez, fixeron entrega esta fin de semana dos correspondentes diplomas acreditativos ás persoas participantes, coincidindo co peche da temporada de verán na piscina de Frades.