A Festa da Auga reúne a máis de cen nenos e nenas na piscina municipal de Frades
Algo máis dun cento de nenos e nenas participaron esta fin de semana nunha nova edición da Festa da Auga, organizada polo Concello de Frades. Unha actividade gratuíta que tivo lugar na piscina municipal de Frades e que incluíu inchables acuáticos e terrestres, piscina de bolas para os máis meniños, unha espectacular batalla de globos de auga e a tradicional festa da escuma para rematar a xornada. Este ano, a actuación teatral correu a cargo de Teatro ó Cubo, que puxo en escena o espectáculo “A Utopía Rodante, de Vilatriste a Vilalegre”, coproducida polo Centro Dramático Galego.