spacer
Gran participación na clase gratuíta de ioga ofrecida polo Concello de Frades

O centro sociocomunitario de Ponte Carreira quedou pequeno para acoller a clase gratuíta de ioga organizada polo Concello de Frades, coa que dá comezo á súa programación de actividades para este mes de setembro. Unha programación que arranca con dúas charlas, sobre fomento da actividade física e sobre compostaxe, e unha nova edición da Escola de Inglés.

A clase gratuíta de ioga estivo impartida pola monitora Nerea Vázquez Ulloa e nela participaron unha vintena de veciñas de Frades de diferentes idades. A boa resposta da veciñanza a esta actividade fai que o Concello teña previsto organizar un curso de ioga durante o ano, sempre que se reúna un grupo mínimo de persoas participantes.

Gran participación na clase gratuíta de ioga ofrecida polo Concello de Frades