spacer
A charla sobre Nutrición e Saúde rexistra o seu segundo cheo consecutivo, desta vez no local social de Abellá

O local social de Abellá quedou pequeno na segunda edición da charla “Nutrición e saúde”, organizada polo Concello de Frades. Unha iniciativa que xa enchera en xullo o centro sociocomunitario de Ponte Carreira, polo que o Concello optou por convocar unha segunda sesión, desta vez na parroquia de Abellá.

Carla López e Javier Pampín, poñentes da sesión, encheron o local social cunha veciñanza moi participativa, que non deixou de facerlles preguntas sobre os beneficios que a alimentación saudable ten na nosa saúde en xeral, e no control do estrés e das emocións, en particular. A satisfacción dos presentes foi tal, que tanto a concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Álvarez, como o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, puxéronse a disposición dos veciños para que propoñan temas do seu interese para continuar con este ciclo de charlas gratuítas sobre a saúde.

A charla sobre Nutrición e Saúde rexistra o seu segundo cheo consecutivo, desta vez no local social de Abellá