spacer
A Xunta concédelles aos concellos de Frades, Mesía e Ordes o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII"

O Concello de Frades informa de que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de aprobar o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII", do que forman parte os concellos de Frades, Mesía e Ordes, este último actuando como entidade promotora. As especialidades que se impartirán son:

  • actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
  • actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Nivel 1.

Será un obradoiro dual no que o alumnado asinará un contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses, puidendo ademais optar a un contrato ao finalizar o taller nunha empresa do sector forestal e/ou xardinería por un período de 3 meses máis.

Todas aquelas persoas interesadas en participar como alumnado/traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado participar nos obradoiros duais de emprego. A data límite é o 18 de outubro de 2024, incluído.

Para poder acudir á Oficina de Emprego de Ordes é preciso pedir cita previa a través do teléfono 981 900 643 ou ben xestionalo a través da páxina web https://emprego.xunta.es/citasepe/

A Xunta concédelles aos concellos de Frades, Mesía e Ordes o obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII"