AVISO: Posibles cortes de electricidade en Aiazo o 30 de outubro, entre as 2:00 e as 5:00 horas
O Concello de Frades informa de que a empresa UFD Distribución Electricidad SA vai acometer traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica na madrugada do mércores 30 de outubro, de 2:00 a 5:00 horas. Uns traballos que suporán que unha serie de instalacións queden fora de servizo, o que pode provocar interrupcións no subministro de electricidade durante esas 3 horas na parroquia de Aiazo.
Dende o Concello de Frades lamentamos as molestias que estes traballos de UFD Distribución Electricidad SA poden ocasionar entre a veciñanza de Aiazo, ao tempo que lembramos a necesidade destas actuacións para atender nas mellores condicións posibles as demandas de subministro eléctrico na parroquia.