spacer
Proceso de selección do Obradoiro Dual de Emprego "Brañas do Illó-Río Samo VII"

O Concello de Frades publica as bases reguladoras do procedemento de selección do obradoiro dual de emprego "Brañas do Illó Río Samo VII", subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social e promovido polo Concello de Ordes xunto cos concellos de Frades e Mesía. 

As especialidades que se impartirán son:

  • actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
  • actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Nivel 1.

O número total de alumnado traballador será de 20, 5 deles do concello de Frades. O obradoiro terá unha duración de 9 meses.

Neste obradoiro están previstas actuacións de mellora nas áreas recreativas de A Ponte Carballa (Abellá), A Presa (Ledoira) e Os Pasos (Aiazo), así como no parque do Cabezo (Abellá), na praza pública de Ponte Carreira (Gafoi), na finca do local social de Ledoira, no punto limpo de Céltigos, no campo de fútbol de Vitre e na piscina municipal de Papucín.