spacer
Oitenta veciños e veciñas participaron nunha excursión a Santo André de Teixido

Un total de oitenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión a Santo André de Teixido, Cedeira, Valdoviño e Sada organizada polo Concello de Frades. Unha saída que tivo lugar o pasado sábado 26 de outubro e na que a expedición estivo encabezada polo concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra.

A expedición saíu de Frades ás 8:00 horas para así chegar a tempo de asistir á misa na capela de Santo André de Teixido e visitar Cedeira. Tras xantar en Valdoviño, os veciños e veciñas visitaron o feirón de Sada, antes de emprender volta a Frades.

Oitenta veciños e veciñas participaron nunha excursión a Santo André de Teixido