Labores de acondicionamento do muiño da Ponte Carballa e a súa contorna
O Concello de Frades resultou beneficiario dunha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ao abeiro da ORDE do 17 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e inversións vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT814A).
O obxecto principal desta actuación é a execución de traballos consistentes na rehabilitación e posta en valor do muíño encadrado na área recreativa A Ponte Carballa, situada na Parroquia de Abellá, pertencente a Rede Natura 2000. As actuacións contempladas son as seguintes:
- Eliminación do tellado actual de tella moi deteriorado, así como da madeira deteriorada do entablado.
- Colocación de novas táboas de castaño substituíndo as danadas.
- Cuberta de tella sobre illamento e cuberta lixeira illante.
- Apertura do canal de saía do muíño como existía antigamente, así como la recuperación del canal de entrada.
- Rehabilitación da porta de madeira e cambio da súa cerradura.
Os prazos de execución son o 4 de novembro para a anualidade do ano 2024 e do 15 de maio para a anualidade do ano 2025.
Número de expediente: MT814A/15/2024/000014/C
Beneficiario: Concello de Frades
Investimento total: 17.475,62 € ( IVE incluído)
Axuda: 14.442,66 €
Achega municipal: 3.032,96 €
Prazo de execución: 15 de maio de 2025