spacer
O Concello de Frades mellora a eficiencia da súa rede municipal de auga

Augas de Galicia concedeu unha axuda ao Concello de Frades segundo o establecido na resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de obras co fin de minimizar as perdas de auga en entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2024 mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento AU301E).

O obxectivo destas axudas é minimiza-las perdas na rede de abastecemento de auga. Consonte ó proposto no plan de actuación para minimizar as perdas no sistema de abastecemento no Concello de Frades as actuacións realizadas foron a creación de dez puntos de medición e control que permiten sectoriza-la rede, medindo o caudal que pasa por cada un dos seus tramos.

Os puntos de sectorización instalados conteñen:

  •  Caudalímetro
  •  Chave de paso
  •  Equipo de telemedida

Expediente: AU301E2024-75

Centro directivo que concede a subvención: Augas de Galicia

Entidade local: Concello de Frades 

Importe da subvención concedida: 41.990,15 € 

Importe das obras: 47.674,00 €.