spacer
O Concello pon en marcha dúas campañas solidarias en favor dos damnificados de Valencia e de recollida de alimentos de Nadal para familias necesitadas

O Concello de Frades, en colaboración co CPI Ponte Carreira e a ANPA O Fopo do CPI de Ponte Carreira, vén de poñer en marcha unha campaña solidaria coas persoas afectadas pola Dina de Valencia. Atendendo a petición da FEGAMP, que por cuestións de loxística priorizaba as achegas económicas sobre as materiais, o Concello de Frades repartiu petos solidarios para recoller doazóns dos veciños e veciñas do municipio.

A día de hoxe hai doce petos solidarios repartidos polo municipio en Abellá (Bar Novo e Supermercado Claudio), Moar (Bar O Cruce), Ledoira (Restaurante O Cadaval), Frades (casa do concello) e Ponte Carreira (Bar O Mesón, Bar Vilariño, Supermercado Tandy, Supermercado Claudio, Bar A Coviña, CPI Ponte Carreira e ANPA O Fopo).

Campaña navideña

Así mesmo, o Concello de Frades, esta vez en colaboración con Cáritas, abrirá o vindeiro venres 22 de novembro a súa tradicional recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por undécimo ano consecutivo, estará aberta ata o 20 de decembro. 

Este ano mantéñense os tradicionais puntos de recollida: PROGANDO, o supermercado Claudio e salón de peiteado Patricia Tacón, en Abellá; os supermercados Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades (Ledoira), o CPI Ponte Carreira e a propia Casa do Concello. Poderán entregarse alimentos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados. 

Nas anteriores edicións recolleuse unha media de 400 quilos por campaña. Agora, o Concello de Frades fai un novo chamamento á colaboración veciñal e pon á súa disposición os teléfonos dos Servizos Sociais municipais (981 69 55 67) e de Cáritas (647 120 228) para resolver calquera dúbida.

O Concello pon en marcha dúas campañas solidarias en favor dos damnificados de Valencia e de recollida de alimentos de Nadal para familias necesitadas