spacer
O Concello remata as obras de mellora de 3 camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Abellá, Galegos e Mesos

O Concello de Frades vén de rematar as obras do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025, un proxecto no que investiu 75.572,97 euros e que incluíu a mellora de tres camiños nas parroquias de Abellá, Galegos e Mesos. Unha actuación sobre unha lonxitude total de 1.805 metros e unha superficie de máis de 9.000 metros cadrados.

Esta mellora era especialmente necesaria no caso do camiño a Regueiro Blanco (Galegos), xa que o seu firme era insuficiente para soportar o tráfico de vehículos de gran tonelaxe que circulan a diario por el posto que, ademais de dar acceso a parcelas agrícolas, tamén é o camiño a instalacións agrogandeiras. Por iso, o Concello de Frades apostou por proceder á pavimentación deste camiño con quince centímetros de pedra.

Nos casos da mellora do camiño a Quintá e do camiño a Os Canedos, o afirmado da plataforma fíxose con grixo. O resto das actuacións de mellora foron comúns para os tres camiños: limpeza de gabias en ambas as marxes do camiño e instalación dos respectivos sinais de Stop.

O Concello remata as obras de mellora de 3 camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas en Abellá, Galegos e Mesos