spacer
Medio milleiro de persoas participaron na Festa de Reis do Concello de Frades

Unhas cincocentas persoas tomaron parte na Festa de Reis do Concello de Frades, que este ano prescindiu da cabalgata debido ás malas previsións meteorolóxicas. Así, Melchor, Gaspar e Baltasar desprazáronse directamente ao polideportivo municipal de Ponte Carreira, onde foron recibidos polo alcalde de Frades, Roberto Rey, e atenderon as peticións da rapazada, a quen agasallaron cunhas lambonadas.

Unha recepción que foi unha das actividades incluídas na gran Festa de Rei celebrada no polideportivo con inchables, obradoiros, animación, baile, mascotas e flocos de millo. Para rematar, o Concello de Frades repartiu roscón e chocolate quente entre as máis de cincocentas persoas presentes.

Medio milleiro de persoas participaron na Festa de Reis do Concello de Frades