O Pleno do Concello celebrará mañá xoves a sesión ordinaria correspondente ao mes de xaneiro
O Concello de Frades celebrará mañá xoves 6 de febreiro, ás 12:30 horas, a sesión ordinaria correspondente ao mes de xaneiro, que foi atrasada para a inclusión nela da aprobación do Plan de Obras e Servizos da Deputación. Así, a sesión terá lugar de acordo coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 28-11-2024 e da sesión extraordinaria de 13-01-2025.
- Aprobación da Conta Xeral do exercicio 2023.
- Aprobación do Plan de Obras e Servizos da Deputación 2025 (POS+ 2025).
- Dación de conta do Decreto de aprobación de liquidación do exercicio 2023.
- Dación de conta de asuntos económicos.
- Dación de conta de informe de control interno do exercicio 2023.
- Decretos da Alcaldía e comunicacións.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas.