O Concello de Frades informa da convocatoria do proceso selectivo para a contratación de 3 operarios/peóns de servizos públicos ao abeiro das bases do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia, anualidade 2025 (BOP nº 200 de 16 de outubro de 2024).

A contratación destas tres persoas realizarase por un período de 4 meses e 26 días, cunha xornada laboral completa de 8 horas diarias. As persoas interesadas nalgún destes postos de traballo deberán estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.