spacer
Unha trintena de veciños e veciñas participan nas saídas ao Hotel Balneario Compostela organizadas polo Concello de Frades

Unha trintena de veciños e veciñas de Frades participan no “Mes da saúde”, un programa organizada polo Concello de Frades e que inclúe catro xornadas no Hotel Balneario Compostela, que teñen lugar todos os martes do mes de marzo. Para desprazarse ata Brión, o Concello de Frades pon un autobús á disposición das persoas participantes, que percorre as distintas parroquias. 

A veciñanza, que está acompañada polo concelleiro de Cultura, Juan Carlos Portos Bra, desfruta dun circuíto termal que inclúe piscinas dinámicas con chorros, contracorrentes, camas de auga, jacuzzi, asentos de burbullas, duchas bitérmicas e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes, entre outros servizos.