O Concello de Frades retoma as charlas informativas sobre saúde cunha sesión en Abellá sobre coidados e prevención do cancro
O Concello de Frades retoma o seu programa de xornadas gratuítas sobre a saúde, postas en marcha en xullo de 2024 e que están a rexistrar unha grande aceptación entre a veciñanza. A primeira cita deste ano 2025 terá lugar o venres 11 de abril, ás 17:00 horas, no local social “O Vedral” (Abellá) cunha charla informativa sobre coidados e prevención do cancro.
Unha iniciativa na que o Concello de Frades conta coa colaboración da Asociación Española contra o Cancro e a Deputación da Coruña. Como en ocasións anteriores, a participación é totalmente de balde, sendo preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567.