O alcalde de Frades reúnese co conselleiro de Presidencia para seguir avanzando en vías de colaboración entre ambas administracións
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Frades, Roberto Rey, e o concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro. Nesa reunión abordáronse as principais necesidades deste municipio e avaliáronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para contribuír na execución dos proxectos municipais no marco do compromiso do Goberno galego coas entidades locais.
Roberto Rey amosa a súa satisfacción polo desenvolvemento da reunión, “na que presentamos os distintos proxectos para os que temos solicitada algunha liña de subvención e aproveitamos para dar a coñecer un novo proxecto de cara ao próximo futuro”.
