Pleno ordinario do mes de maio de 2025
O Concello de Frades celebrará este xoves 29 de maio a súa sesión ordinaria correspondente ao mes de maio, que comezará ás 12:30 horas e coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 27/3/2025.
- Modificación de crédito, modalidade de transferencia de crédito, número 2025/TC/01.
- Decretos da Alcaldía e comunicacións.
- Dación en conta de asuntos económicos.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas