Melloras da eficiencia enerxética do edificio multiúsos do Concello de Frades
O Concello de Frades resultou beneficiario dunha subvención da VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES en virtude da ORDE de 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2024) para o proxecto “MEJORAS DE LA EFICIENCIA ENERGÉTICA DEL EDIFICIO MULTIUSOS DEL AYUNTAMIENTO DE FRADES”.
Como parte deste proxecto na primeira anualidade (ata o 31 de maio de 2025) realizáronse as seguintes accións:
- Desmontaxe de radiadores e luminarias.
- Desmontaxe do material de cubrición de cuberta para posterior colocación do novo sistema.
- Instalación da unidade exterior de aerotermia e sistema de calefacción mediante fancoils tipo cassette.
- Instalación do sistema de ventilación do edificio mediante recuperador de calor e condutos.
- Instalación de luminarias con sistema de regulación.
Para as accións correspondentes á segunda anualidade, o prazo de execución finalizará o 31 de outubro de 2025.
