O Concello de Frades celebrará mañá xoves 31 de xullo, ás 12:30 horas, a súa sesión ordinaria do mes de xullo que se desenvolverá de acordo coa seguinte Orde do Día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de data 29/05/2025
  2. Aprobación da corrección de erro BEO 2025
  3. Convalidación da aprobación do Convenio de Colaboración entre o Concello de Frades e o Concello de Oroso para a xestión compartida da obra "Mellora do viario a Castiñeiro Redondo"
  4. Aprobación dos festivos locais 2026
  5. Convalidación do convenio de colaboración entre o Concello de Frades e o Concello de Ordes para a xestión compartida do "Servizo de protección do ambiente e do espazo natural nos concellos de Ordes e Frades"
  6. Decretos da Alcaldía e comunicacións.
  7. Mocións de urxencia
  8. Rogos e pregunta.