spacer
Galegos acolle a Foliada Fraga do Petón 2025 este sábado 20 de setembro

A asociación cultural Son da Terriña de Galegos organiza a primeira edición da Foliada Fraga do Petón, que terá lugar este sábado 20 de setembro, a partir das 19:00 horas, na Fraga do Petón, na parroquia de Galegos (Frades). 

O grupo Garatuxeiros (Curtis) será o encargado de abrir as actuacións a partir das sete da tarde, seguido dos organizadores Son da Terriña (Galegos, Frades), Sementes do Arte (Ordes), Sarillo (Aiazo, Frades), Faragullas (Teixeiro, Curtis), asociación cultural Folque Ruada (A Silva, Cerceda), Do lado do Sol (Abegondo), Embruxo Gaiteiros (Leira, Ordes) e Faiscas da Pontraga (Tordoia). Ao remata das actuacións, foliada aberta pra todas aquelas persoas que teñan gañas de seguir de festa.

A Foliada Fraga do Petón 2025 incluirá carpa cubeta, en previsión de que o tempo non acompara, e servizo de catina, con degustación de callos. 

Esta actividade está organizada pola A.C. Son da Terriña de Galegos e está subvencionada polo Concello de Frades, a Mancomunidade de Ordes, Turismo de Galicia e a Xunta de Galicia.