Rematadas as obras de “Melloras da eficiencia enerxética do edificio multiúsos do Concello de Frades”
O Concello de Frades informa de que se levaron a cabo obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio multiúsos. As obras teñen como obxectivo optimizar o consumo enerxético e mellorar a sustentabilidade do edificio municipal. Esta actuación está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea e coofinanciada tamén pola Xunta De Galicia.


