spacer
A Xunta afonda na súa colaboración co Concello de Frades para mellorar as instraestruturas rurais e mobilizar terra agraria

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, mantiveron esta mañá unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, para afondar na súa colaboración en temas como a mellora de infraestruturas rurais e de mobilización de terras no municipio. Neste sentido, a directora xeral e o rexedor avaliaron as posibilidades de cooperación en proxectos que melloren a accesibilidade nos núcleos de poboación, así como as oportunidades que brinda o Banco de Terras á hora de facilitar fincas para usos agrícolas, gandeiros ou forestais.