spacer
Convocado o Programa Xuntos polo Nadal

O Concello de Frades informa de que a Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, vén de convocar o programa Xuntos polo Nadal. Esta iniciativa pretende que as persoas maiores que se atopen soas polo Nadal poidan desfrtar duns días de vacacións (entre o 23 de decembro de 2025 e o 7 de xaneiro de 2026) coa posibilidade de compartir estas festas nun clima de convivencia e participación. Pódese elixir entre 3 quendas:

  • 23 de decembro - 7 de xaneiro
  • 23-30 de decembro
  • 31 de decembro - 7 de xaneiro

Os requisitos para participar son:

  • ser maior de 60 anos
  • residir en Galicia
  • valerse por si mesmo e non padecer enfermidades infecto-contaxiosas e/ou trastornos mentais ou dondutuais que poidan alterar a convivencia
  • vivir so no seu domicilio e pasar o Nadal so
  • recoméndase estar vacinado/a fronte á Covid-19 e a gripe segundo o calendario sanitario vixente

Para presentar a solicitude pode acudirse ao Servizos Sociais do Concello de Frades antes do 26 de novembro coa seguinte documentación:

  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • informe médico actualizado se precisa dalgunha atención especial (alerxias, alimentación especial...)

Máis información nos Servizos Sociais Municipais: 981 695 567.