Pleno ordinario do 27 de novembro de 2025
O Concello de Frades celebrará este xoves 27 de novembro, ás 12:30 horas, a súa sesión plenaria ordinaria do mes de novembro coa seguinte orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria de data 25/09/2025 e da sesión extraordinaria de data 27/10/2025.
- Aprobación da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Frades.
- Aprobación da encomenda de xestión en materia de selección do persoal funcionario interino para o posto de arquitecto/a a Deputación.
- Aprobación da Conta Xeral do Municipio do exercicio 2024, que quedou cumpridamente xustificada.
- Aprobación do proxecto Mellora de seguridade viaria Os Canedos (Mesos) e outro e a solicitude da achega nominativa para o seu financiamiento a Deputación Provincial de A Coruña
- Dación de conta do informe de intervención de control interno 2024 e dos reparos de intervención.
- Dación de conta de asuntos económicos.
- Decretos da Alcaldía e comunicacións.
- Mocións de urxencia.
- Rogos e preguntas.