O Concello de Frades pon en marcha unha canle de What’s App para facilitar as vías de comunicación coa veciñanza
O Concello de Frades vén de poñer en marcha hoxe unha nova vía de comunicación coa veciñanza: unha canle de What’s App no que os veciños e veciñas estarán informados de todas as actividades sociais, culturais e deportivas do municipio, bandos municipais, convocatorias, avisos relevantes e novas relacionadas co municipio. Unha información que recibirán de forma inmediata no seu teléfono móbil todas aquelas persoas que o desexen.
Para poder acceder a este novo servizo, o Concello de Frades dispón 3 métodos diferentes:
- Ligazón directa. A máis sinxela, só tes que facer click e darlle a “Seguir” neste enlace: https://whatsapp.com/channel/0029VbCHNEN2Jl8EdobY7C3q
- Código QR. Escanear coa cámara do móbil o código QR que acompaña aos carteis anunciadores da campaña.
- Buscador. Abrir o What’s App, ir á pestana de “Novidades” ou “Canales” e buscar “Concello De Frades”
Nos tres casos, unha vez inscrito, é importante dar un segundo paso: facer click na campá situada á dereita da páxina para así activar as notificacións e non perder ningunha actualización que se faga na canle.
Esta canle de What’s App súmase ás demais vías abertas polo Concello de Frades para comunicarse cos seus veciños e veciñas nos últimos anos, dende a tradicional revista municipal “Frades, o Concello que ti queres” á páxina web (www.frades.gal), pasando polas contas en Facebook e máis recentemente en Instagram, onde conta con 4.336 e 1.658 seguidores, respectivamente.