spacer
O Concello de Frades organiza un Curso Oficial de Monitores/as de Actividades de Tempo Libre de marzo a xuño de 2026

O Concello de Frades, en colaboración coa Escola Galega de Tempo Libre, abre o prazo de inscrición nun Curso Oficial de Monitores/as de Tempo Libre de 350 horas lectivas, 200 horas teóricas e 150 prácticas, e que terá lugar de marzo a xuño de 2026 na Aula de Cultura. O prezo do curso será de 270 euros, cun desconto de 50 euros para persoas empadroadas en Frades. Hai 25 prazas dispoñibles e as inscricións poden realizarse en ecolagalegatl@gmail.com.

Para participar no curso é preciso ter máis de 18 anos e estar en posesión, como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria. O curso capacita para a obtención da titulación oficial expedida pola Xunta de Galicia e inclúe un amplo programa de formación que inclúe: lexislación, animación e xogos, animación deportiva, primeiros auxilios, educación ambiental...

A cota de inscrición é de 220 euros para persoas empadroadas en Frades e 270 euros para o resto. O Concello de Frades ofrece en ambos casos a posibilidade de fraccionar o pago en 3 mensualidades: 120€ no momento da inscrición e 50 euros en abril e maio para as persoas empadroadas no municipio; e 120€ na inscricións e dúas cotas de 75€ para as non empadroadas. 

Horarios

As clases serán impartidas por profesorado Escola Galega de Tempo Libre: 110 horas presenciais e 90 horas en liña mediante videoconferncias. As clases presenciais terán lugar na Aula de Cultura do Multiúsos de Frades, os sábados en horario de 9:00 a 14:00 horas, se ben nalgunha xornada tamén haberá horario de tarde, de 16:00 a 21:00 horas. As clases en liña terán unha duración de entre 45 e 90 minutos, en horario matutino. 

As clases prácticas (14 días de actividade nun campamento ou 150 horas nunha entidade de tempo libre) deberán realizarse ao rematar da fase teórica. Unha vez realizadas, haberá que aboar 11,92 euros á Xunta de Galicia en concepto de taxas de expedición do título oficial.

Inscricións

Para inscribirse é preciso encher a folla de inscrición e remitila xunto á documentación precisa ao mail: escolagalegatl@gmail.com. A documentación precisa é: fotocopia do DNI e do título da ESO ou equivalente, foto carné e resgardo de abono bancario do coste do curso.  En caso de dúbidas na tramitación, pódese contactar co Concello de Frades (981 695 567).