spacer
Unha media de 30 veciños e veciñas de Frades participaron este mes de marzo nas saídas ao Hotel Balneario Compostela

Unha media de trinta veciños e veciñas de Frades participaron no “Mes da saúde”, un programa organizado polo Concello de Frades e que incluíu catro xornadas no Hotel Balneario Compostela que tiveron lugar os martes deste mes de marzo. Unha derradeira sesión na que estiveron acompañadas por Ángeles Álvarez Carro, concelleira de Benestar.

O Concello de Frades puxo a disposición destes veciños e veciñas un autobús, que os recolleu polas distintas parroquias. Unha vez en Brión, a veciñanza desfrutou dun circuíto termal no que tiveron á súa disposición piscinas dinámicas con chorros, contracorrentes, camas de auga, jacuzzi, asentos de burbullas, duchas bitérmicas e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.