Un grupo de 32 veciñas e veciños de Frades completa a derradeira etapa do Camiño Portugués, entre O Milladoiro e Santiago
Un grupo de 32 veciñas e veciños de Frades percorreron este pasado sábado a décima e derradeira etapa do Camiño Portugués pola costa, entre as localidades do Milladoiro (Ames) e Santiago. Unha iniciativa que arrincaba en marzo de 2023 e unha media de trinta veciños e veciñas foi completando aqueles sábados nos que a meteoroloxía así o permitía e que non coincidiran con celebracións ou festas na contorna.
Deste xeito, a veciñanza de Frades completa a súa sexta ruta xacobea, dende que en 2017 comezaran co tramo galego do Camiño Francés para despois afrontar o Camiño a Fisterra, o tramo Fisterra-Muxía, a Vía da Prata, o Camiño Inglés e agora o Camiño Portugués pola costa.