spacer
OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO VIII

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia vén de conceder aos concellos de Ordes, Frades e Mesía un novo obradoiro dual de emprego denominado “Brañas do Illó-Río Samo VIII”.

Será un obradoiro dual, cun contrato de formación e aprendizaxe durante 9 meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector da construción ou de xardinería,  de tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:

  • AGAO0108: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.
  • EOCB0109: Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construcción.

Todas aquelas persoas interesadas en participar deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado participar nos obradoiros duais de emprego, tendo como data límite para facelo o MÉRCORES 6 DE MAIO DE 2026

Para poder acudir á Oficina de Emprego de Ordes, deberán pedir cita previa: