spacer
Aberto o prazo para solicitar participar no programa Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia

O Concello de Frades informa ao colectivo de pensionistas do sistema da Seguridade Social, maiores de 55 anos, que se inicia o prazo para solicitar participar no programa Benestar en Balnerarios da Xunta de Galicia.

Cada quenda terá unha duración de 10 días e 9 noites. 

Os requisitos para poder solicitar son:

  • Ser maior de 60 anos ou pensionista maior de 55
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados.

A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu ou da súa cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, ou calquera outra persoa coa que desexe participar no programa, sempre que cumpra os requisitos, excepto o da idade.

Tamén poderán participar, en calidade de acompañantes, os fillos e fillas das persoas solicitantes que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando o poidan facer sen necesidade de apoio de terceiras persoas e se poidan desprazar con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpran os requisitos (excepto o da idade).

A documentación que se precisa é:

  • DNI
  • Tarxeta sanitaria
  • Ingresos mensuais

O prazo para a presentación de solicitude rematará o vindeiro día 26 de xuño.

Para máis información deberán acudir aos Servizos Sociais Municipais, onde se xestionará dito trámite.