Valoración definitiva da selección de funcionariado interino por proxectos do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII"
O Concello de Frades, dentro do proceso de selección dos postos de funcionariado interino por proxectos (9 meses) do persoal directivo, docente e de apoio para o obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII", publica a valoración definitiva do procedemento. Unha decision que o Grupo de Traballo Mixto acordou elevar á Alcaldía do Concello de Ordes para a súa aprobación mediante a correspondente resolución contra a que poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía-Presidencia do Concello de Ordes no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Alternativamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.