spacer
Valoración definitiva das candidaturas aos postos de alumnado traballador do obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII"

O Concello de Frades pulbica a valoración definitiva das persoas candidatas aos postos de alumnado traballador do obradoiro de emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII".

O Grupo de Traballo Mixto acorda elevar á Alcaldía do Concello de Ordes a proposta definitiva de selección do alumnado-traballador do Obradoiro Dual de Emprego "Brañas do Illó-Río Samo VIII", para a súa aprobación mediante a correspondente resolución contra a que poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante a Alcaldía-Presidencia do Concello de Ordes no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Alternativamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade cos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.