spacer
O musical “O Rei León” une a escolares, maiores e familias no quinto encontro interxeracional de Frades

O quinto encontro interxeracional de Frades cambiou de escenario: por primeira vez as instalacións do CPI Ponte Carreira acolleron este evento que, ademais, celebrouse por partida dobre. E é que aproveitando a estrea do musical “El rei león”, os alumnos e alumnas do colexio decidiron facer dúas funcións: unha primeira dirixida exclusivamente aos maiores do municipio e á que asistiron as persoas usuarias das casas do maior Sorrisos (Abellá) e O Noso Fogar (Galegos) e unha segunda aberta ás familias.

O evento estivo organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do CPI Ponte Carreira e a biblioteca do centro, que encheron o escenario do colexio da maxia deste musical, onde a rapazada non so cantou ao ritmo das cancións do clásico de Disney, senón que tamén saíu perfectamente caracterizado, convertendo o escenario nun auténtico espectáculo de cores.

O musical “O Rei León” une a escolares, maiores e familias no quinto encontro interxeracional de Frades

O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, agradeceu o convite por parte do CPI Ponte Carreira e felicitou ao alumnado pola súa magnífica e divertida representación. Ademais, puxo en valor o feito de que “unha vez máis a música actúa como elemento de conexión entre dous grupos de idade, tal e como aconteceu o pasado mes de abril durante a estrea do programa O fío do tempo, de actividades compartidas entre a mocidade e os nosos maiores”.