O Programa de Verán do Concello de Frades recolle máis de corenta actividades para todos os gustos e idades
O Concello de Frades vén de presentar a súa programación para o verán 2026, que recolle máis de corenta actividades para todos os gustos e idades. Iniciativas que van dende doce excursións, a media ducia de actividades deportivas e, sobre todo, numerosas iniciativas dirixidas a nenos e nenas, con programa de conciliación familiar como buque insignia. Unhas actividades que se poden consultar na web municipal: www.frades.gal e que están recollidas nun folleto informativo que chegará nos próximos días a todas as vivendas do municipio.
O Programa de Actividades de Verán de Frades inclúe novidades como dúas excursión a Fisterra, Ézaro e Noia (domingo 5 de xullo) e á Costa da Luz e o Algarve do 18 ao 23 de outubro, con visitas á Albufera, Vilareal ou Sevilla. Tamén mantén os cursos de verán, visto a gran participación do ano pasado, e a oferta inclúe natación, pilates, ximnasia de mantemento, zumba e hipopresivos.
Ademais, o Concello mantén iniciativas xa tradicionais e que tanto éxito rexistraron nos últimos anos como os Xoves de Praia, a excursión ao Aquapark, o Día do Neno, as noites de cine e actividades deportivas como o campionato municipal de pesca infantil, o maratón de fútbol 7 ou campionato de pádel.
A maioría das actividades son de participación libre e gratuíta, se ben en todo caso sempre será preciso anotarse previamente no Concello de Frades: 981 695 567 ou 981 695 663. Descaraga a programación completa.