spacer
56 veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Fisterra, Ézaro e Noia

Un total de 56 veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión a Fisterra, Ézaro e Noia organizada por Excursiones Miranda en colaboración co Concello de Frades. Unha visita na que estiveron acompañados polo concelleiro de Maiores, Jesús Francos, e polo de Cultura e Deportes, Juan Carlos Portos.

A expedición saíu a primeira hora de Frades para visitar o Faro de Fisterra e a fervenza do Ézaro. Tras xantar nun restaurante da contorna, a expedición seguiu o traxecto marcado pola “Volta de Gloria” ata chegar a Noia, onde fixeron unha visita guiada pola vila.

56 veciños e veciñas de Frades participan nunha excursión a Fisterra, Ézaro e Noia