spacer
Remata a primeira quenda dos Campamentos de Verán do Concello de Frades

A primeira quenda dos Campamentos de Verán do Concello de Frades chegou á súa fin e non podía facelo dunha mellor maneira. Durante estes días, os usuarios mergulláronse na Feira da Creatividade, unha semana chea de imaxinación, xogos, obradoiros, retos e moitas risas. Crear, experimentar e compartir foron as palabras protagonistas dunha quenda na que cada participante puxo en marcha a súa creatividade e fixo novos recordos.

Remata a primeira quenda dos Campamentos de Verán do Concello de Frades

Cómpre lembrar que os Campamentos de Verán do Concello de Frades ofrecen este ano unha novidade: a posibilidade de anotarse nas diferentes quincenas dos meses de xullo, agosto e setembro segundo as necesidades de cada familia. Así, as familias de Frades poden facer uso deste servizo de conciliación familiar sempre que se anoten cun mínimo de 5 día naturais de antelación respecto ao inicio de cada quenda. Así, as inscricións na quenda da primeira quincena de agosto están abertas ata o próximo 27 de xullo.

Máis información e inscricións no Concello de Frades, que ofrece un desconto do 20% para o segundo irmán ou irmá e do 50% para familias numerosas.