A visión da eclipse total no concello de Frades no Campo da Festa de Mesos pasará á historia. Non só porque asistiron máis de 300 persoas, superando ás expectativas iniciais, senón porque ata alí desprázaronse ademáis de moita veciñanza tamén visitantes dende diferentes puntos de Galicia como A Coruña, Ames, Cangas, Padrón e Vigo. Estes elixiron Frades por “ser o lugar onde lles parecía que mellor se podía apreciar”. E así foi, todo un festexo organizado polo Concello de Frades.
O eclipse solar desenvolveuse nun ambiente familiar con merenda incluída, onde os cativos desfrutaron dos obradoiros e os maiores da música do DJ, do entorno e dunhas espectaculares vistas dende un dos puntos máis altos do Concello. Nunha tarde noite tan agradable e especial, que veciños, veciñas e visitantes dilataron esta xuntanza ata máis alá das dez da noite.
Dende o Concello queren dar as grazas a tódolos veciños/as que se achegaron a Mesos para esta experiencia irrepetible e tamén grazas a toda a xente que elixiu Frades como mellor lugar para ver este acontecemento histórico.