spacer
O equipo “Moar Boys” gaña o Maratón de Fútbol 7 do Concello de Frades

O “Moar Boys” vén de gañar o Maratón de Fútbol 7 do Concello de Frades, xogado este sábado 22 de agosto no campo municipal do Vedral (Abellá). Os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos, e de Xuventude, Jesús Miguel Prado, foron os encargados de entregar os trofeos aos catro primeiros clasificados.

Os “Moar Boys” dominaron por completo o torneo, gañando todos os seus encontros e impoñéndose na final aos locais dos “Veteranos Abellá” por un contundente 5-1. En total, 17 goles a favor por 5 goles en contra. A clasificación final do torneo quedou do seguinte xeito:

  1. Moar Boys
  2. Veteranos Abellá
  3. Os Primos
  4. Combinado Frades
  5. Papucín FC
  6. Os amigos Frades
O equipo “Moar Boys” gaña o Maratón de Fútbol 7 do Concello de Frades